jueves, 30 de agosto de 2012

Van saliendo las cosas a la luz...


Que pasa no refuxio de animais de Bando?

Exvoluntarios e voluntarios deste centro de Santiago denuncian as precarias condicións de traballo e reclaman unha auditoría da fundación xestora.



Por Galicia Confidencial - Santiago - 30/08/2012

A Asociación Abeiro, a Asociación Animalista Libera e outros colectivos respaldan a proposta dunha investigación das contas da Fundación que administra o refuxio de animais de Bando tras as denuncias feitas por varios voluntarios e exvoluntarios. E é que estas entidades critican a “desastrosa” xestión das adopcións e a crecente política de sacrificios.

Cinco das súas voluntarias foron expulsadas nos últimos tempos por manter unha opinión diferente da liña marcada pola dirección do refuxio de animais de Bando. Precisamente, por iso, este xoves compareceron varios voluntarios e exvoluntarios e membros de Libera e Abeiro para denunciar a mala xestión das instalacións do refuxio de animais de Bando e criticar as lamentables condicións de traballo dos voluntarios que todavía continúan.

Duas das voluntarias botadas á rúa, Loreto Corral e Inés Trillo, criticaron a súa expulsión “arbitraria”. Tamén un dos colaboradores Adrián Espiño, suscribibe as complicadas relacións coa dirección e a súa política, “que dificulta e moito a labor desinteresada de moitas persoas”.

Xeito “case ditatorial”

Ademais, denuncian que na actualidade os voluntarios carecen dun espazo adecuado para mudar de roupa e teñen que facelo nun baño que o representante de voluntariado, que forma parte do padroado da Fundación Refuxio de Animais, é escollido de xeito “case ditatorial” pola dirección do centro, no canto de permitir a celebración de eleccións internas, tal e como aparece no regulamento interno.
Os voluntarios denuncian que non se atenden as súas peticións e que cinco deles foron expulsados por “discordar coa política oficial” do centro. “De feito, algúns cidadáns foron rexeitados para participar por non manter unha determinada imaxe persoal”, sinalaron.
Por todo isto,  Abeiro presentará nos vindeiros días a solicitude de auditoría da Fundación xestora do refuxio. Unha petición que conta co apoio de LIBERA e doutros colectivos de protección dos animais.

2 comentarios:

  1. alégrame moito esta noticia, agora que terán que rendir contas deses asasinatos

    ResponderEliminar
  2. Como siga saliendo mierda de Bando ( gestión, adopciones, casas de acogida, malas respuestas, maltrato a los voluntarios... ) os van a faltar servidores chavales. Mucho ánimo que los animales de bando necesitan ser adoptados, NO decapitados.

    ResponderEliminar