viernes, 14 de septiembre de 2012

Desfases en las cuentas!!


Denuncian desfases de centos de animais nos rexistros de entrada e saída de Bando

Redacción | @prazapublica

A Asociación Abeiro e a Asociación Animalista Libera continúan denunciando a xestión que nos últimos anos se vén realizando no refuxio de animais de Bando. As dúas entidades esixen unha auditoría para aclarar os desfases que segundo eles se producen nos rexistros de entrada e saida de animais. Abeiro e Libera denuncian por exemplo que nos anos 2007 e 2009 hai desfases de ata 592 animais, como sucede co capítulo das saídas: o informe anual de 2009 sinala 631 saídas, pero sen embargo o resumo contido na documentación dous anos despois ofrece un dato ben diferente: 1123 animais.
Para os animalistas o feito de que a comparativa de informes anuais co informe co balance do período 2005-2010 teña tal baile de números amosa “a necesidade de auditar as contas da Fundación Refuxio de Animais”, pois “resulta estraño que aparezan e desaparezan seres vivos segundo o escrito que se revise”.
Os dous colectivos cualifican de a xestión que realiza a dirección do refuxio de Bando como “pésima” e cun carácter “moi errático”. Afirman que nos últimos dias mantiveron contactos con algúns membros do padroado co obxectivo de poñelos ao tanto da situación que se está a denunciar e “das condicións en que foron expulsados varios voluntarios e da necesidade de realizar un rigoroso estudo económico da xestión”.

4 comentarios:

  1. "¿Dónde están las llaves matarile rile rile...?"

    Aínda menos mal que a señora Paloma dicía días atrás que estaba moi tranquila ante unha auditoria, normal, que as contas están mal xa se ve dende fóra... nin auditoria se precisa para velo...

    ResponderEliminar
  2. eu fun voluntaria en bando, e recordo ver os listados diarios de eutanasiados encima dos conxeladores. lembro o nadal de 2009, dias antes de noiteboa, 23 cadavers, ao dia seguinte a este horroroso descubrimento, volvimos ir 19 cadaveres mais. e vos aseguro que eu subia 4 dias a semana a bando, as datas previas a eses asasinatos listados, non habia esa cantidade de cans q foran vellos, enfermos, ou agresivos, quero dicir q eran cadaveres de animais sanos e susceptibles de adopcion. non eran eutanasias puntuais como afirman eses 10 voluntarios. Masacre e agonia son as palabras.

    ResponderEliminar
  3. Que raro, porque aquí no postean las que apoyan a la dirección con nombres y apellidos?

    ResponderEliminar
  4. Estaran buscando a prost jajaja

    ResponderEliminar